Motociclismo | Deportes
CICLISMO

Balance desde a Deputación da Vuelta a España 2018 en Ourense

A Ribeira Sacra e a provincia de Ourense, difundidas en 190 países, unindo deporte e turismo, na 73ª edición da Vuelta a España

Alexandro de Marchi, gañador da 11ª etapa da Vuelta a España 2018, en Luíntra, xunto con Manuel Baltar, presidente da deputación de Ourense e Oscar Pereiro, ex ciclista profesional. / Deputación Provincial de Ourense

Alexandro de Marchi, gañador da 11ª etapa da Vuelta a España 2018, en Luíntra, xunto con Manuel Baltar, presidente da deputación de Ourense e Oscar Pereiro, ex ciclista profesional.

Ourense

Co apoio da Deputación de Ourense a 11ª etapa recorreu 11 concellos ourensáns, '' situando á provincia de Ourense como protagonista dun dos eventos deportivos máis importantes do mundo, e como referente do ecosistema turismo-deporte de alto nivel'', afirma Manuel Baltar.

A etapa máis longa desta edición con 208 quilómetros, tivo como meta Luíntra, '' ofrecendo ao mundo unha postal inmellorable dunha parte importante do noso territorio, a Ribeira Sacra, e coa épica deportiva de ser unha etapa durísima e moi esixente''.

Deporte e turismo de natureza desde Ourense para 190 países.Así se resume o paso, un ano máis, da Vuelta a España pola provincia de Ourense, un evento deportivo dos máis importantes do mundo que co apoio da Deputación de Ourense fixo posible nesta 75ª edición da proba ciclista que en terras ourensáns se disputase o pasado día 5 de setembro a etapa máis longa 208 quilómetros, con saída desde mombuey (Zamora) e chegada a Luíntra-Ribeira Sacra logo de percorrer os concellos ourensás da Mezquita, A Gudiña, O Bolo, Viana do Bolo,Larouco, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Castro Caldelas, A Teixeira, Para de Sil e Nogueira de Ramuín.

Muy importante o impacto promocional que supón este evento, cunha cobertura informativa que abrangue a 190 países, con 1.200 xornalistas e fotógrafos acreditados, unha caravana de 2.550 persoas que seran en cada etapa un gasto diario de 250. 000 euros, e un seguimento a través de Internet de 12 millóns de persoas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00