Últimas noticias Hemeroteca

Premios para os colexios que reciclen pilas

Unha soa pila de botón pode contaminar ata 600.000 litros de auga

Unha soa pila de botón pode contaminar ata 600.000 litros de auga /

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presenta unha nova campaña de concienciación para incrementar a reciclaxe de pilas, baterías e cargadores, co fin de evitar o dano que este residuo perigoso provoca no medio ambiente.

A conselleira de Medio Ambiente visitou o CEIP Nosa Señora de Xuvencos, de Boborás, onde presentou o Concurso Pilabot, que ten como obxectivo fomentar a recollida de pilas e acumuladores portátiles (baterías) nos colexios de toda Galicia e que se pon en marcha coa colaboración dos xestores de Ecopilas, ERP e Ecolec, que terá como mascota a un simpático robot chamado Pilabot.

Unha pila de botón, como a que se emprega nun reloxo, pode contaminar ata 600.000 litros de auga, o que equivale ao consumo de 30 persoas durante toda a súa vida. Vázquez Mejuto salienta que no caso das pilas, estas atópanse en múltiples dispositivos, como xoguetes, mandos a distancia, cámaras, lanternas, reloxos, calculadoras..... polo que esta actitude de correcta separación non só se debe manter nos fogares, senón tamén nos traballos, centros de ocio e colexios, desde onde trasladar ás futuras xeracións a importancia de separar ben e depositar estes residuos nos contedores específicos.

A conselleira invita aos colexios de Primaria e Secundaria a participar nesta campaña, anotándose na web www.pilabot.gal, para recibir os bidóns recolectores de pilas e material informativo.

A campaña tamén incluirá actividades informativas e charlas educativas nos centros, coa entrega de información e material sobre a campaña, e sobre a reciclaxe de pilas, así como actividades participativas e tamén se organizará un concurso de fotografía creativa #eusonpilabot, no que as tres fotos con máis “me gusta” tamén acadarán un premio.

Así, estableceranse catro premios,  dous de 2.500 euros para o centro que máis quilos de pilas reúna desde o inicio da campaña ata febreiro e tamén para o centro que máis quilos recolla por alumno; tamén se fixa un galardón de 1.250 euros, cada un, para o centro que quede en segunda posición en ambas categorías.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?