Deportes
RIBADAVIA

Conta atras para anotarse para participar na V Carreira Popular de Ribadavia

Gardarase un minuto de silencio polo falecemento de Laura Luelmo

Vista de Ribadavia / Wikipedia

Ourense

Presentada no Concello de Ribadavia V Carreira Popular de Ribadavia, que este ano xa alcanzará a súa quinta edición, que terá lugar o sábado 22 de decembre, ás 4 da tarde.

Aínda que xa se anunciara a proba hai uns meses, coa debida antelación, hoxe fíxose a presentación en Ribadavia nun acto que contou coa presencia do Alcalde, Ignacio Gómez Pérez, de Ricardo González Amaro, Concelleiro de Deportes e de María López Touza, Concelleira de Cultura e Turismo, os cales animaron a todos os interesados en participar a anotarse en www.carreirasgalegas.com, onde teñen de prazo ata as 23.59 h de hoxe para facelo. A día de hoxe xa se conta con máis de 160 inscritos pero agárdase a participación de máis xente.

Debido á boa acollida da edición anterior e ao consenso obtido entre todos os axentes implicados (atletas participantes, corredores habituais da comarca, organización, veciñanza e grupos políticos) optouse por manter esta data (o sábado anterior ao Nadal) para a realización da proba e fixar desta maneira o día da proba para futuras edicións, tamén como xeito de potenciar as actividades do Nadal.

Por mor do tráxico suceso acontecido en Andalucía estes días, antes do comezo da carreira da categoría Masters/sub 23, gardarase un minuto de silencio polo falecemento de Laura Luelmo, que tamén era corredora e atleta e que, desgraciadamente foi asasinada mentres practicaba este deporte.

Dende o Concello de Ribadavia agradécese de xeito especial aos voluntarios que participan na organización deste evento, así como ao Club Aurium e a todos os patrocinadores: Barroso Car, Mapfre Ribadavia, Viña do Campo, Restaurante A Quinza, Supermercados Eroski Ribadavia, Distribuciones Prol, Distribuciones Framarcu e Termas de Prexigueiro. Extender tamén o agradecemento pola colaboración no día da carreira a Riders do Ribeiro, GES e Policia Local.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00