Última hora

Irán denuncia explosiones en su territorio y activa las defensas aéreas

Deportes
CD Lugo

Táboas para despedir o ano

Os albivermellos selan o derradeiro encontro do 2018 cun 0-0 ante o Sporting

Muñíz corre coa pelota / CD LUGO

Lugo

O CD Lugo marcha festexalo Nadal sumando un punto tralo empate fronte ó Real Sporting de Xixón. Non é, como dicía o gardameta, Juan Carlos, o mellor sabor de boca co que despedilo ano, pero é que o Spoting non puxo as cousas nada fáciles para os de Monteagudo.

Un empate quizáis era o resultado máis merecido para un partido no que abundou o xogo directo, o perigo e as ocasións. En varios momentos tiveron ambos rivais a mel nos beizos, pero a falta de puntería ou as luvas, sobretodo, do porteiro albivermello Juan Carlos, impedían que o marcador se movese. 

Pitaba o colexiado o inicio de partido. Intensidade dende o primeiro segundo. Non pasaran nin os primeiros sesenta segundos de partido cando Babin lanzaba á madeira o primiero disparo. Contestaban case ó instante Escriche e Muñiz, cun zapatazo dende a frontal da área, que despexaba Mariño. Na primiera parte, o  Sporting foi quen de encerrar ó Lugo, de meterlles o medo no corpo. A máis clara tívoa o conxunto visitante cando Carmona mandaba mandaba raso un saque de curruncho que remataba Peybernes e que  puxo en apuros a un moi atinado Juan Carlos.

Así, tras unha primeira parte ben intensa, igualada e chea de tira e puxas, os protagonistas marchaban ó túnel de vestiarios co 0-0 no luminoso. No seu regreso, os pupilos de Monteagudo saltaron ó verde máis enchufados e facendo saber cales eran as súas intencións. Deste xeito, nos primeiros minutos do reanudación do partido, o gol albivermello estivo en botas de Herrera, Escriche e Iriome.

O Sporting reaccionaba e enlazaba unha ocasións de perigo tras outra. A máis clara? Para Carmona. Tiraba unha falta dende a forntal da área impecable que rematou nas luvas dun máis que preciso Juan Carlos. O paradón do gardameta albivermello levantou ó estadio que, entre ovacións, volvía poñer o balón en xogo. Nos derradiros minutos de partido o Lugo volvía a intentalo, pelexaron por deixar en casa eses tres puntos que lle regalasen a terceira vitoria consecutiva na casa, pero o colexiado pitaba o final do partido co 0-0 no marcador.

O míster local, Alberto Monteagudo, aseguraba no remate do encontro que marchaba feliz, pero a medias, tomalas uvas. "Ha sido un partido difícil, estoy contento porque dejamos la puerta a cero y es el tercero que sumamos sin perder, pero también hay que reconocer que ellos han podido hacernos algún gol, así que contento a medias"

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00