Últimas noticias Hemeroteca

O Valencia rescata o pasaporte cara a Copa no fortín celeste

Os de Lezkano caen ante un Valencia moi atinado no tiro exterior (65-77)

O CB Breogán no partido ante o Valencia /

O Valencia Basket Club faise co pasaporte cara a Copa do Rei no fortín celeste tras sellar unha contundente vitoria por 65-77 ante o Cafés Candelas Breogán. Os de Lezkano mantivéronse dentro do partido durante a primeira metade do encontro, pero, no terceiro cuarto, unha chuvia de triples do conxunto valencianista apartaron os locais da vitoria.

O conxunto breoganista comezaba o encontro adiantándose no marcador deixando o luminoso cun 17-20 no final do primeiro cuarto. O Valencia pouco tardou en abrir a brecha no marcador. No segundo cuarto, os de Ponsarnau elevaron a distancia máxima en sete puntos (20- 27). Un magnífico Doornekamp aparecía antes do descanso para dificultarlle-lo triunfo ós celestes e combinado cun atinado Sam Van Rossom o Valencia chegaba cinoo arriba ó descanso (30-35).

Tras unha primiera parte moi axustada, o regreso ó parqué foi para os valencianistas. Un total de sete triples nos primeiros minutos do tericeiro cuarto abriron a brecha no marchador imposible de recortar por parte dos locais, que chegaron a estar vinte e un puntos por baixo no luminoso. A bomba púxoa Matt Thomas que, grazas ós seus catro triples consecutivos, afastaba de xeito defnitivo ó Valencia.

Os de Lezkano non baixaron os brazos e, grazas a actuación de Brown e Tadija Dragicevic, lograron recortala distancia ata trece puntos no final do terceiro cuarto (49-62). No derradeito tempo de partido, os celestes non perderon a súa identidade e pelexaron todas e cada unha das súas posibilidades, pero o certo é que nada puideron facer por evitala derrota no seu fortín (65-77).

O Cafés Candelas Breogán remata a primeira volta da competición cunha vitoria máis sobre os postos de descenso: 6. As prazas vermellas son, por agora, para o UCAM Murcia e o Delteco GBC.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?