Economia y negocios | Actualidad

A construcción do novo Centro de Saúde da Estrada vai a bo ritmo

Cun orzamento de 4 millóns de euros, o novo centro de saúde estará rematado o vindeiro mes de xaneiro

A construcción do novo Centro de Saúde de A Estrada vai a bo ritmo

A construcción do novo Centro de Saúde de A Estrada vai a bo ritmo

02:08

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1548171087_042353/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Estrada

O novo Centro de Saúde da Estrada, ubicado na Baiuca, estará rematado e a disposición dos usuarios no vindeiro mes de xaneiro, en 2020. Así o deu a coñecer hoxe o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante a visita ás obras.  Estase a construír nunha parcela de 4.262 metros cadrados. Cun orzamento de case 4 millóns de euros, permitirá tanto aos profesionais como aos pacientes dispor dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades. Na actualidade, neste concello aténdese a unha poboación de preto de 21.000 tarxetas sanitarias, das que ao redor de 2.300 corresponden a poboación pediátrica.

O edificio da Estrada contará con tres andares ademais dun soto. O acceso principal realizarase a través dunha praza exterior e tamén haberá un lugar para o acceso das ambulancias baixo teito. No baixo andar estará a recepción e administración, cun gran vestíbulo que distribúe a área pediátrica cara un lado, con tres consultas de pediatría e dúas consultas de enfermería pediátrica. Ao outro lado do vestíbulo estará a área de apoio ao diagnóstico, que conta con sala de toma de mostras, sala de radioloxía e sala de ecografía; e a continuación a área de urxencias (PAC), na que haberá dúas consultas de medicina e dúas de enfermería, ademais de dúas salas de reanimación e observación.

O alcalde do Concello, José López Campos, calificou esta infraestructura como a máis importante que se acomete na Estrada nos últimos anos. Ademáis, asegurou o acondicionamento exterior do centro de saúde así como o incremento das prazas de estacionamento do mesmo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00