Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 18 de Septiembre de 2019

Otras localidades

A debatida remodelación da alameda da Estrada

José López Campos: "hai debate porque a obra é impactante"

A reforma integral da alameda da Estrada está dando que falar entre a veciñanza. Segundo apunta o alcalde, débese a que se trata dunha obra que por mor da súa visibilidade e importancia non deixa indiferente a ninguén, pero que o resultado final satisfará as expectativas de tódolos veciños.

Está previsto que a obra estea rematada para a primavera, logo dun investimento de 1,5 millóns de euros procedentes dos fondos EDUSI. Como poden escoitar no audio desta nova, hai diversas opinións e posicións entre a cidadanía, sendo a tala de árbores e o empedrado os temas que mais debate xeran.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?