Deportes
CD Lugo

Tete Morente, disposto a "crecer" dentro do CD Lugo

O xogador chega coma cesión con opción a compra obrigatoria se logran a permanencia

Tete Morente posa no Anxo Carro ca vestimenta oficial / CD LUGO

Tete Morente aterra en Lugo desexando medrar coma xogador e convencido de que o xogo polo que avoga Monteagudo: "Me va a venir bastante bien. Quiero volver a disfrutar del f´útbol. Apenas he podido hablar con el míster, pero me ha dicho lo que quiere de mi". O da Línea xa estivo na axenda de Emilio Viqueira no verán, pero por aquel entonces "no se pudo hacer".

Morente chega cedido polo Nástic, pero con opción de compra obrigatoria se o equipo albivermello acada a permanencia na División de Prata. Defínese con " un jugador potente, con velocidad", ó que lle gusta "jugar a pierna cambiada". Cre que pode aportar desequilibrio, profundidade, e "algún que otro gol", al equipo.

Malia que non o agardaba por levar un único adestramento do grupo, Tete puido debutar coma albivermello no encontro ante o Rayo Majadahonda. As sensacións foron boas e o máis importante " es que se sacaron los tres puntos".

Coa incorporación de Menosse e Tete Morente ó equipo, o CD Lugo ten ocupadas as 25 fichas, o que implica falar de marchas para poder sumar guerreiros albivermellos. A chegada de Manu Barreiro soa cada vez máis forte, de feito, o Diari Mes,  daba na mañá do lúns por cerrada a operación. "Ojalá nombres como el de Manu o el de David Rodríguez puedan acabar en el Lugo. Para eso hay que efectuar salidas", explicaba Viqueira. Ademais, xa adiantou que Dongou podería se-la seguinte. Aburjania tamén soa en rampa de saída.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00