Últimas noticias Hemeroteca

Emilio Viqueira e José Luis Deus: destituidos

O CD Lugo rescinde o contrato da secretaría téncnIca sen, polo de agora, nomes que os releven

Emilio Viqueira no Anxo Carro /

Corta, pero intensa. Así foi a andaina de Emilio Viqueira polo CD Lugo. O ex- director deportivo aterraba na cidade amurallada en xuño de 2018 feliz, coma el mesmo recoñecía, por volver cara a Galicia, a súa terra. Pero a felicidade durou pouco. O creto é que o paso de Emilio Viqueira polo CD Lugo non foi precisamente un camiño de rosas. Un camiño que agora chega o seu fin. Segundo a versión dada polo clubes,  "as diferenzas na visión e nas decisións referentes á esfera deportiva levaron ó consello de administración a tomaren a decisión de rescindilo contrato que os vinculaban ( a Emiliio Viqueira e José Luis Deus) ca entidade".

A estadía no equipo amurallado de Viqueira estivo dende o primeiro momento envolto nunha certa nebulosa. O primeiro dos seus lumes a apagar foi a súa relación con Promosport, empresa coa que mantiña relacion,  da que boa parte das súas fichaxes proviñan. Nomes coma os de Aburjania, Borja San Emeterio, Varo, Quezada, Rayko, Tete Morente ou Gerard Valentín estaban directamente relaciondos con Promosport.

Pero os frentes abertos para Viqueira multiplicábanse co paso das xornadas. A elección de Javi López coma adestrador do equipo albivermello tampouco deu os froitos agradados .Tras algo máis de dous meses ó fronte do equipo conformábase coma o primeiro adestrador despedido dende que o CD Lugo comezou na División de Prata.

O malestar da afección facíase público cando en novembro dende as bancadas comezaron a soar os berros de "Viqueira vete ya!" e o aluvión de críticas polas redes sociais facíase máis que evidente.

Emilio Viqueira confírmase coma o cuarto director depotivo que abandona o CD Lugo dende que no 2015 Tino Saqués se fixo co clube. Polo de agora non hai nomes sobre a mesa para tomaren o seu relevo.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?