Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Touriñán será o pregoeiro do Entroido en Ourense

Máis de vinte charangas e cinco orquestras completan o programa festivo.

As festas infantís trasládanse este ano á praza das Mercedes. / María Capelo - Radio Ourense

As festas infantís trasládanse este ano á praza das Mercedes.

Ourense

Xosé Antonio Touriñán pregoará este ano o Entroido no Concello de Ourense. Será o 28 de febreiro, xoves de Comadres, na Praza Maior, onde a festa continuará coa orquestra América. A partir de aí, os primeiros días de marzo máis de vinte charangas animarán as rúas de Ourense, haberá DJ na praza do Correxidor e actuarán varias orquestras na Praza Maior, coma De Moda o martes de Entroido.

O desfile de comparsas e carrozas será o domingo 3 de marzo, con saída das Lagoas ata a Praza Maior, onde se resolverá o concurso Rei/Raíña do Entroido 2019 e actuará a orquestra Capitol. Tamén haberá festas infantís, na praza das Mercedes, o sábado 2 de marzo con Cé, o home orquestra, e o luns 4 de marzo con Musicleta.

O 24 de febreiro chegan Paquita e Nicanor para celebrar o domingo Oleiro. O luns 4 de marzo sairá en procesión Frei Canedo da Ponte. E o martes de Entroido, será a voda da Pita das Eiroás.

O Entroido rematará coma sempre o mércores 6 de marzo co enterro da Sardiña na praza Maior ás 20:00.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir