Política
Turismo

Román Rodríguez: "o mellor lustro da historia en canto a Turismo para Galicia"

O mellor lustro da historia en canto a Turismo para Galicia

O mellor lustro da historia en canto a Turismo para Galicia

02:25

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1549380346_102311/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Pontevedra

Sen dúbida, o producto estrela de Galicia en canto a turismo é o Camiño de Santiago, que bate récord de visitantes cada ano. No 2018, 327.000 peregrinos escolleron alguna das súas dez variantes. Destaca o crecemento do Camiño Portugués, que xa recolle o 20 % dos camiñantes sendo a súa variante pola costa, o Camiño Portugués pola Costa, a ruta que máis medra cun incremento do 88 %. O conselleiro de Turismo, Román Rodríguez, asegura que con estas cifras é necesario poñerse a traballar na organización do Xacobeo 2021.

O pasado ano visitaron Galicia 5 millóns de turistas, cerrando así o mellor lustro da historia para a Comunidade neste eido. Destaca o incremento nun 44 % de visitantes estranxeiros, que proceden maioritariamente de Alemaña e Estados Unidos, xerando un tipo de turismo de calidade e con gran poder adquisitivo que se declina por pernoctar en hoteis de 4 ou 5 estrelas e que escolle todo o ano para visitarnos, non só os meses de sol e praia, o que favorece a desestacionalización do sector e o mantemento dos postos de traballo.

Actualmente o turismo xera en Galicia o 11 % dos postos de traballo e supón o 10 % do PIB. Destacan desde a Xunta de Galicia dous retos importantes de cara ao futuro. Por un lado a esperada chegada do AVE en 2020 e o Xacobeo 2021. Engade Román Rodríguez que non se teme una masificación do sector porque todas as institucións están a traballar nun turismo sostible onde prevalece a calidade poriba da cantidade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00