Últimas noticias Hemeroteca

Vieira: "A vitoria adicarémoslla a Emilio por todo o que fixo por nós"

O central considera ó ex- Director Depotivo coma unha das persoas "máis importantes" da súa carreira por traelo ó equipo

Miguel Vieira en rolda de prensa /

A marcha de Emlio Viqueira deixa pegada no vestiario albivermello. O defensa portugués, Miguel Vieira, descríbeo coma: "Unha das persoas mais importantes da miña carreira por traerme aquí", explica. Pese a insitir en que a decisión no pode afectalo equipo nin descentralo, ten clara que a vitoria irá adicada a el. "Non podemos pensar na saída de Emilio, temos tres puntos que gañar moi importantes para poder dedicarllos por todo o que fixo por nos."


As turbulencias na secretaría técnica non paran a competición.
As xornadas avanzan e agora tócalles ós albivermellos redimirse trala derrota en Soria deixando no Anxo Carro, de novo,  o desexado máis tres. "Na casa temos que mandar nós. Hai que ser serios e estar ben concnetrados", subliña o portugués. Considera este duelo coma "fundamental" antes un rival directo. "Levarnos este encontro axudaríanos a levantala moral", reflexiona.

Pese que na primeira volta o resultado colleitado na Romareda foi unha vitoria, o central subliña a impotancia do encontro e pide prudencia ante un rival "importante" da categoría. O partido será o sábado día 9 ás oito e media da tarde. As entradas xa están á venda nas oficinas do clube asi coma na tenda oficial de CDLustore.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?