Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
XADREZ

Frenazo do Xadrez Ourense A

O ata entonces co-líder, Xadrez Ourense A, visitaba terras do barbanza,para medirse ao Xadrez Rianxo, os locais fixéronse fortes no seu feudo e arrancaron un valioso empate aos ourensans.

Frenazo do Xadrez Ourense A, ao non pasar do empate en Rianxo(3-3) / Xadrez Ourense

Frenazo do Xadrez Ourense A, ao non pasar do empate en Rianxo(3-3)

Ourense

O sábado día 9 de febreiro tivo lugar a terceira xornada da liga galega de clubs 2019, competición que se alongará ata finais de Abril, e na que toman parte numerosos equipos pertencentes aos diferentes clubs ourensans, nas súas diferentes categorías.

Dentro da máxima  categoría, a División de Honra, na que compiten as 12 mellores escuadras do panorama autonómico, destacaban, nesta pasada xornada, as respectivas visitas dos conxuntos ourensans a Riaxo e Tui.

O ata entonces co-líder, o Xadrez Ourense A, visitaba terras do barbanza para medirse ao Xadrez Rianxo, os locais fixéronse fortes no seu feudo e arrancaron un valioso empate aos ourensans, O Xadrez Ourense, tras este marcador sitúase agora a medio punto do actual líder, Universidade de Santiago.

André Ventura e David Gómez, con sendas victorias, Adrián e Martín Gómez con respectivos empates, sumaban os 3 puntos visitantes dos 6 taboleiros en litixio.

Pola sua parte o Club Xadrez Verín visitaba a difícil cancha dun clásico do xadrez autonómico, Xadrez Galego de Tui, os de Monterrei, malia sair derrotados, sumaban 2 novos ante os tudenses. Os puntos verineneses chagaban de mans de David Lariño e Carlos Francisco, con sendos empates, Óscar Martínez, lograba a victoria no seu taboleiro.

Dentro da Primera División Autonómica Grupo Sur, o Liceo Academia Postal instálase en posto de ascenso tras a sua victoria por 4-0 ante o xovencísimo conxunto filial C, do Xadrez Ourense que alineaba unha escuadra cunha media de idade de 15 anos. Pola sua parte Xadrez Ourense B tamén gañaba na sua visita a Vigo e superaba ao Bouzas por un contundente 0-4. O ascendido Benchoshey Senior cedía no seu feudo ante o Marcote de Mondariz por 1 a 3, mentres que Universitario de Ourense caía pola mínima ante Marín, 2-5 a1.5.

Segunda División (Grupo F ) e no que aos conxuntos ourensáns atinxe, os resultados foron os seguintes: Valdeorras vs. Xadrez Ourense E(2-2), Xadrez Mos vs. A.P. de Bande(2-2), Ateneo de Ourense vs. Chantada B (3-1), Benchoshey Fischer vs. Xadrez Forte(2-2), Xadrez Celanova A vs. Xadrez Tui B(2-2), Lalín vs. Universitario de Ourense B (2-2).

Terceira División(Grupo H) cave destacar os seguintes resultados con equipos ourensáns de por medeio: Benchoshey Kaspárov vs. Xadrez Verín B(4-0), Benchoshey Lasker vs. Valdeorras B (4-0), Chantada C vs. Celanova B(1-3), Verín C vs. Universitario de Ourense C (4-0).



 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir