Últimas noticias Hemeroteca

Juan Carlos: "Ni Messi ni Oblak van a salvarlo, es cosa de todos"

Os afeccionados volven elixir ó gardameta coma xogador do mes

Juan Carlos tras recibir o premio /

O CD Lugo pode estar a vivir unha das situacións máis complicadas dende que aterrou na Segunda División. Durmen na décimo oitava posición da táboa clasifitaoria e as sensacións sobre o verde están a desaparecer. Por iso, malia que os ánimos non poden ser os mellores, Juan Carlos, o gardameta albivermello, asegura que o equipo "tiene ganas de dar la cara y de dar un paso hacia adelante". 

Se o vestirario albivermello sempre pide á afección compromiso e unión, quizáis agora o fagan máis ca nunca. Amósase convencido de que a afección os apoiara incondicionalmente, pero recorda que "no es momento de repoches a nadie. No es momento de hecho cuentes. Es momento de unir fuerzas y de remar todos juntos hacia una misma dirección".

Se primeiro era Fernando Seoane quen, trala contundente derrota ante o Mallorca, pedía un cambio no rumbo do equipo para "non ter que pasalao mal", agora é Juan Carlos quen incide. "Nadie nos va a venir a salvar. No va a aparecer ni Messi ni Oblak. Salir de esta es cosa de todos. Tenemos que remar todos juntos, responder con naturalidad y hacia una misma dirección", sentencia.

O de Guadalajara leva para a casa o terceiro recoñecemento ó xogador do mes Estrella Galicia. Dos cinco premios concecidos no que vai de tempada, xa coloca na súa vitrina tres deles. Xunto con Carlos Pita, Juan Carlos é  o xogador mellor valorado pola afección lucense.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?