Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 23 de Octubre de 2019

Otras localidades

Pita pide que os máis novos den un paso adiante

O capitán albivermello cre que a forma de reencontrarse coa vitoria reside no traballo en equipo

Carlos Pita en rolda de prensa /

"A situación máis difícil dende que estamos da Segunda División". Sen rodeos nin agochos. O capitán do CD Lugo, Carlos Pita, lamenta a mala dinámica na que está inmerso o equipo albivermello, pero ve solución. "Para romper esta mala xeira temos que traballar xuntos, ser un equipo e comportarnos como tal. Nestes intres o papel dos veteranos é importante, pero é o momento de que os máis novos den un paso cara ó fronte porque, ademáis, van saír reforzados e van medrar profesionalmente", reflexiona.

Tras enlazar tres derrotas consecutivas, das dúas a domicilio ( ante o Numancia e o Mallorca), non quere quedar con nada, "hai que mudalo todo", di. "Non estivemos ben nin defensivamente nin ofensivamente. Non soubemos ler o partido". Toca dar un xiro, cambiala imaxe do equipo e "volver ser o equipo intenso, con trasicións rápidas... que eramos". Para reconciliarse coa senda da vitoria, o cinco pide "valentía" e "concentración", pois calquera  síntoma de indecisión, despiste, ou precipitación pódese converter en erros que lastren as vitorias.

O partido ante o Elche enténdese coma unha final en plano mes de febreiro. "Gañar este encontro sería fundamental para o equipo. Vexo os compañeiros concienciados da situación na que estamos, enchufados e con ganas de darlle á volta. Deixar en casa os tres puntos daríanos os folgos que precisamos para viaxar cara Oviedo", indica.

Ocupala derradeira posición da permanencia non é prato de bo gusto para ningún conxunto da categoría e, malia que a situación podería ser ben peor, compre cortar esta mala dinámica. "Entre todos atoparámolo camiño. A afección axuda, apreta e precisámola no Anxo Carro. Temos unha plantilla con calidade, pero non podemos escudarnos nese argumento. Cada erro penaliza, hai que estar concentrados".

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?