Últimas noticias Hemeroteca

Monteagudo, libre de ultimátum para o Elche

Para o técnico manchego a saída desta mala xeira está en "levantarse, corregir y olvidar"

Monteagudo en rolda de prensa /

Sobre o partido ante o Elche sobrevoa certa nebulosa de dúbidas e suxestións. A princiapal? A posible saída de Alberto Monteagudo do banco alvibermello. Tra-la derrota en Son Moix apuntouse a un posible ultimátum do presidente da entidades, Tino Saqués, ó manchego. "Estoy tranquilo. He hablado con Tino durante toda la semana y no me ha dado ningún ultimátum. Sé de la importancia de los resultados, pero no es el caso. Confía en el trabajo de la gente", dice.

Montegudo quere cambiala imaxe do equipo tralas tres derrotas enlazadas nas derradeiras semanas. Para iso fala da necesidade de pegar un "golpe de timón". "Hay que buscar un cmabia de mentalidad, un cambio en las sensaciones que dejemos fuera y en casa", apunta. Recoñece certa preocupación polos pasos cara atrás que está a dar o equipo cando o "normal" sería que co míster xa aposentado no banco, aidea de xogo estivera máis asentada ca na súa chegada. Algo que non sucede. "Han habido muchos cambios en el mercado de invierno, nos hemos rearmado e igual no nos hemos rearmado lo suficiente".

O míster está convencido de que esta mala xeira rachará máis cedo que tarde. Confía en que o equipo sepa erguerse, corrixir os erros e que o mal feito non sexa unha lousa que non lles deixe avanzar. "Son conscientes de la situación en la que estamos. Hemos hablado esta semana y les veo bien. El equipo no está muerto, aún queda tiempo para recuperarnos".

Sobre o Elche, agarda un rival veloz e con chispa ante o cal queren demostrar que o CD Lugo é un equipo "jodido, dentro y fuera de casa". O encontro terá lugar o domingo 24 ás 18:00 horas

 

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?