Hora 14 PontevedraHora 14 Pontevedra
Actualidad

Vilaboa xa ten PXOM

Vilaboa xa ten PXOM

Vilaboa xa ten PXOM

06:41

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1551109885_537881/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Vilaboa

18 anos depois, o concello de Vilaboa ten Plan Xeral de Ordenación Municipal. Dende hoxe está aprobado pola Xunta de xeito parcial en 60 dos 66 nucleos rurais do Concello. Para que se aprobe de forma total falta acreditar que os 6 núcleos restantes dispoñen de caudal necesario de abastecemento de auga. A conselleira de Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destaca a importancia deste plan para un concello cunha situación xeográfica estratéxica.

O Alcalde, José Luis Poceiro, estaba visiblemente emocionado por conseguir, ainda que de xeito parcial, aprobar o PXOM. Non se presentará novamente á alcaldía, polo que a súa meta era deixar o PXOM aprobado.

Poceiro aproveitou a visita da conselleira para solicitarlle mediación ante Costas del Estado para que regule a situación de centos de casas afectadas. Concretamente solicítalle una reunión a tres bandas: Concello de Vilaboa, Xunta de Galicia e Costas del Estado.

Vázquez recolleu a petición do alcalde e asegurou facer o posible por axilizar esta reunión, pero quixo ser cauta nos prazos xa que estamos nun momento político complexo. Precisamente un dos afectados por ter a súa vivenda en territorio de Costas é Enrique López, presidente da asociación Stop Derribos Vilaboa, quen a raíz da aprobación parcial do PXOM é optimista e agarda que se vaian dando pasos cara adiante ata solventar a situación de todas as familias.

Foi, como decíamos, un día especial para Poceiro, xa que coa aprobación do PXOM pon punto e final a súa etapa de máis de 20 anos como alcalde. En declaracións a Radio Pontevedra, Jose Luis Poceiro anuncia que non se presentará ás vindeiras eleccións municipais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00