Videoxogos en Edugal
Os visitantes poderán ser partícipes dun torneo de LOL, League of Leyends, e unha exhibición de Fortnite, os videoxogos máis de moda do momento
Videoxogos en Edugal
01:44
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1551276089_551322/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Pontevedra
A oitava edición de Edugal, una feira onde se mostra a oferta educativa galega, entra con forza apostando polos novos nichos de mercado como é a industria dos videoxogos. Un exemplo disto é a posibilidade de que o Campus de Pontevedra albergue un grao formativo neste eido. Ainda que a xestión está moi verde e o vicerreitor do Campus, Jorge Soto, quere ser cauto e non o confirma, sí deixa claro o seu interese por traer para Pontevedra “o que lle corresponde”, é decir, titulacións novedosas con futuro.
Para mostra, un botón: este ano Edugal contará cunha actividade relacionada co mundo dos videoxogos, una industria que xera miles de millóns de euros en todo o mundo e que como afirma Judit Meiriño, directiva de AEMPE e responsable de PCBox Pontevedra, ten amplia cabida na oferta formativa da cidade. En concreto, os visitantes poderán ser partícipes dun torneo de LOL, League of Leyends, e unha exhibición de Fortnite, os videoxogos máis de moda do momento.
A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, tamén deixou clara a súa aposta polas novas habilidades, formacións e nichos de mercado.