Últimas noticias Hemeroteca

Ó equipo lle chega o momento de "pelear cada partido como una batalla"

O partido ante o Real Oviedo podería ser a primeira vitoria a domicilio da era Monteagudo

Toni Martínez en rolda de prensa /

O CD Lugo adestra con "intensidad" para chegalo Tartiere da mellor forma posible. O dianteiro albivermello, Toni Martínez, non resta importancia á dureza do rival desta fin de semana, o Real Oviedo, pero, "en estos momentos de la competición todos los equipos estamos igual, queremos sumar y por eso no podemos pararnos a mirar el puesto de la clasificación que ocupa de cada rival. Ahora nos toca sumar y pelear cada partido como una batalla, esta la primera", reflexiona.

Ten claro que cara a Oviedo van "a matar". Con ganas xa de amosar outra cara fora da casa, os albivermellos viaxan a Asturias cá ansia de rachar a mala xeira a domicilio, pois no que vai de tempada solo foron quen de vencer un único partido lonxe do Anxo Carro. "No podemos permitir que vuelva a suceder lo que ocurrió  en Mallorca. Tenemos que sacar garra y pelear por cada balón", subliña. 

Toni Martínez, que se incorporaba ás filas albivermellas no mercado de inverno, chegou e besou o santo. Marcou o seu primeiro tanto coma albivermello no primeiro partido da segunda volta na casa, pero a luz non volveu prender. Con todo, di que non está "agobiado" porque as ocasións "están ahí y lo verdaderamente importante es que los goles lleguen. Da igual que marque otro compañero", apunta.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?