José Cuba: "En España vivir deste deporte non é posible"
Escoita a entrevista completa que o campión nacional deu ó Ser Deportivos
Lugo
José Cuba proclámase, por decimoquinta vez, campión naiconal de loita libre -125kg. Malia que poida parecer unha rutina "gañar este título sempre é especial", afirma o chairego. No traballo, no sacrificio e o rodearse dun grupo humano "moi bo" residen as chaves para acaderen estes éxitos.
O deportista insiste en que nos derradeiros anos o mundo da loita avanzou moito, pero ainda queda camiño por percorrer. "As institucións colaboran máis, a loita feminina está en auxe, os cativos anímanse... pero é importante que non se pare".
Económicamente "en España estamos moi atrás" e vivir únicamente da loita é imposible."As institucións deberan mirar cara a países coma Italia onde os deportistas teñen máis facilidades laborais". José, de feito, compatibiliza a súa profesión, policía nacional, cos adestramentos propios dun deportista de élite. "A oposión deume moita tranquilidade, de feito antes non tiña estabilidade e era moi complicado. En 2012 estiven a piques de abandonar". Agora a mirada de José está posta posta en Tokio 2020.
Dalle ó play!
José Cuba
10:40
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1551791373_773204/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo