Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad | Actualidad
O blog de Henrique Rabuñal

Da revolta feminista

A Coruña

O pasado 8M millóns de mulleres no mundo, tamén no estado e noso país, saíron ás rúas e fixeron folga para paralo e mudalo todo. Para visibilizar e agrandar no espazo público un catálogo de esixencias que cuestiona o funcionamento das nosas sociedades.

As denuncias do feminismo entran en todas as esferas do tecido laboral, social e político e supoñen un suspenso categórico a un modelo social que aínda tolera as desigualdades, despreza os traballos de coidados e é incapaz de resolver as violencias machistas en toda a súa ampla gama de concorrencias.

O feminismo pregúntanos a todos e a todas e lígase a moitas outras loitas que teñen que ver coa precariedade e a división sexual do traballo, o respecto ao medio ambiente, o aborto como un dereito propio das mulleres, as migracións, os conflitos bélicos, as diversidades sexuais ou a criminalización da protesta cidadá.

O feminismo non é unha moda pasaxeira. É unha esixencia lexítima e incesante para construírmos outra sociedade. Unha espléndida medicina para frear e desmontar o argumentario falaz das extremas dereitas. Unha proposición transversal que afecta a todos os marcos nos que levamos séculos existindo.

Dise con acerto que a revolución será feminista ou non será. Porque a medida que o feminismo se traduza en normas e prácticas eficaces, as nosas sociedades pecharán as feridas visíbeis e invisíbeis da desigualdade. E para pechar esas feridas todas as mans son imprescindíbeis.

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir