Últimas noticias Hemeroteca

Domingo, 13 de Octubre de 2019

Otras localidades

Os baños públicos de A Chavasqueira, en obras

Os baños públicos da Chavasqueira pechan por mor das obras de reforma integral e modernización das instalacións por parte da Xunta

Imaxe de arquivo do edificio consistorial /

Os baños públicos da Chavasqueira permanecen pechados desde este luns por mor das obras de reforma das instalacións que se acometerán por parte da Xunta de Galicia cun orzamento superior aos 36.000 euros e que teñen un prazo de execución previsto de 45 días. A actuación, consistirá na reforma e modernización dos interiores deste servizo, de xeito que se dea resposta ás necesidades transmitidas polos veciños e turistas usuarios das instalacións.

As obras suporán, entre outras actuacións: poñer un piso novo; cambiar a carpintería e os sanitarios; e adaptar os aseos a persoas con problemas de mobilidade.

A rehabilitación dos baños públicos da Chavasqueira toma o relevo das obras rematadas o pasado mes de decembro na contorna do Muíño da Veiga e que supuxeron a transformación dos seus aseos, grazas a un convenio subscrito coa Axencia de Turismo de Galicia.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?