Últimas noticias Hemeroteca

Convocatoria de 5 prazas na Policía Local de Ribadavia

As bases estarán dispoñibles tanto no taboleiro de anuncios como na web

O Concello de Ribadavia convoca de 5 prazas na Policía Local /

Concello de Ribadavia acordou aprobar as bases e a convocatoria para as cinco prazas de funcionario de gardas da policía local.

O procedemento que se seguirá será a publicación das bases íntegras no B.O.P. (Boletín Oficial da Provincia). Posteriormente, terase que publicar o anuncio no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) para finalmente publicarse no B.O.E. (Boletín Oficial do Estado), anuncio no cal se citarán as datas das publicacións anteriores e que marcará a data de inicio do procedemento de presentación de solicitudes.

Independentemente, as bases íntegras da convocatoria estarán dispoñibles tanto no taboleiro de anuncios como na páxina web do concello www.ribadavia.es

Entre os principais aspectos destacables das bases, destacan os seguintes: Ser maior de idade, ter nacionalidade española, os aspirantes deben contar coa titulación de bacharelato, técnico superior de de Formación Profesional ou equivalentes, permisos de condución A2 e B e estaturas mínimas: 1,65 m. (homes) e 1,60 m. (mulleres).

A intención do Concello de Ribadavia é dispor, na maior brevidade posible e dentro da legalidade, as prazas dispoñibles, contando con que é un procedemento longo e que se executará directamente dende o propio ente municipal. Mentres tanto, o concello aprobou no último pleno adherirse ao convenio que ten a Academia Galega de Seguridade, para dotar de auxiliares de policía para suplir estes postos momentaneamente mentres dura o proceso de selección.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?