Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Deportes
CD Lugo

O medio campo albivermello perde a un piar fundamental

Fernando Seoane rompe o menisco e estará de baixa, polo menos, un mes

Fernando Seoane en rolda de prensa / CD LUGO

Fernando Seoane en rolda de prensa

Lugo

Fernando Seoane rompe o menisco. Coma un xarro de auga fría cae esta mala nova entre a afección albivermella nun momento máis que complicado para o CD Lugo. Os rumores da lesión saltaban xa dende primeira hora da mañá e o clube facía oficial a lesión poucas horas despois. 

O xogador retirábase do adestramento no campo do Ceao o día 12 de marzo coxeando e molesto do xeonllo esquerdo. Foi nun xiro cando algo fallou na perna do mediocampista. Segundo afirma o parte médico oficial, "Fernando Seoane sufrió una torsión en su rodilla izquierda que le obligó a abandonar la sesión. Realizado el estudio de resonancia nuclear magnética se diagnostica de rotura en asa de cubo de menisco interno".

O albivermello será intervido cirúxicamente esta mesma semana e o periodo de recuperación non será inferior ó mes. Con este xiro inesperado, o medio campo albivermello queda deslavazado. Perde a un piar fundamental, a parte do seu esqueleto. A lesión do galego chega, quizáis, no momento máis importante da Liga. Agora, toca ver cales serán al alternativas polas que avogará Alberto Monteagudo.

O lateral esquero, Luis Ruiz, falaba así da lesión en rolda de prensa.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Luis Ruíz en rolda de prensa

00:00:0000:18
Descargar

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir