Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad | Actualidad
O blog de Henrique Rabuñal

Eleccións municipais na Coruña: a esquerda suma

A Coruña

A dous meses das eleccións municipais e nun ciclo político moi volátil van quedando insinuadas algunhas cousas a teor das tendencias que sinalan as enquisas.

A primeira é que como en 2015 os votantes do bloque progresista (MA+PSOE+BNG) terán nas súas mans o goberno da cidade acadando entre 16 e 18 concelleiros. Todos os prognósticos anuncian unha baixada de apoio electoral do PP que nin coa suma dos concelleiros que poidan conseguir outros partidos da dereita (Ciudadanos, por exemplo) permitiría un goberno encabezado por Beatriz Mato.

No campo da esquerda, e segundo as mesmas enquisas, a Marea Atlántica sería a forza máis votada cunha distancia variábel a respecto dos socialistas que se podería traducir até en tres concelleiros. O BNG podería incrementar os seus apoios e acadar os 2 edís. Sería previsíbel daquela un novo goberno presidido por Xulio Ferreiro cunha fórmula que dependerá dos propios resultados e das estratexias dos partidos.

Din os politólogos que as campañas electorais e mesmo nos últimos días son decisivas para mobilizar votos tamén no moi numeroso grupo das persoas indecisas. Coma sempre, prevese que a abstención gañe as eleccións (80.000 persoas en 2015).

Entrar en María Pita para quen non está tampouco será doado. Os aspirantes dan poucos sinais de vida (ou ningún) e non son percibidos como actores políticos relevantes. Ou non se sabe quen son ou non se sabe que propoñen para os grandes retos de cidade. O que si se intúe é a quen poden restar votos.

Nun momento político tan complexo, alérxico ás maiorías absolutas, as previsións no caso coruñés son, para nós, ilusionantes. No canto de recuar, a xente parece preferir un modelo de cidade que conquiste máis igualdade e máis benestar para a maioría. A solución definitiva, o 28 de maio.

Directo

  • Cadena SER

    Cadena SER

    Hora 14: La Portada Aida Bao

  • Cadena SER

    Cadena SER

    Carrusel Deportivo Álvaro Benito

Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir