Vermú con SER
Ocio y cultura
Deportes motor

Christian Costoya e Marco Díaz, dúas promesas do motor con matrícula de Pontevedra

Nesta edición de Vermú con SER coñecemos a dúas das promesas do deporte do motor en Galicia.

Costoya e Díaz entrenan cada fin de semana no renovado Circuito da Madalena de Forcarei, que albergará por primeira vez unha proba do Campionato de Europa de Supermoto

Marco Díaz e Cristian Costoya, dúas promesas do motor con matrícula de Pontevedra

Marco Díaz e Cristian Costoya, dúas promesas do motor con matrícula de Pontevedra

28:03

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1554033618_304318/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Forcarei

O Circuíto da Madalena, en Forcarei, albergará nos vindeiros meses os campionatos de España e de Europa de Supermoto. A primeira cita será a nacional, que se disputará o primeiro fin de semana de xuño nas distintas categorías: SM-Pro, SM-Junior, SM-Master30, SM-Road, SM-250 Road, Mini-Motard 85 e Mini-Motard 65.

Por outro lado, xa no mes de agosto (24 e 25), o recentemente renovado circuíto da Madalena acollerá, por primeira vez, unha proba do Campionato de Europa da mesma categoría. O club moteiro VFTiming de Vilagarcía de Arousa será o encargado de levar a cabo os dous campionatos, e segundo nos conta Sandra Fernández, una das organizadoras destes eventos, agardan dar visibilidade ao mundo do motor con estas probas. Fernández recalca o apoio do Concello de Forcarei para que a realización dos campionatos sexa posible e, sendo cauta coas previsións de público asistente, manexa que na proba estatal se acheguen ao circuíto de Soutelo de Montes unhas 1.500 persoas descoñecendo, xa que é a primeira vez que se celebra, canto público poida asistir á cita europea.

Precisamente, será na categoría Mini-Motard 85 do Campionato de España onde compita o piloto caldense Marco Díaz, quen despois de gañar o campionato Galego na categoría previa, espera sumar bos resultados nesta nova andaina a nivel nacional. Aos seus 13 anos, Díaz pasa a maior parte do seu tempo libre adestrando no circuíto da Madalena, onde comparte pista co piloto de karts silledense Christian Costoya. Con tan solo 8 anos, o piloto do Deza conseguiu un fito ao ser o primeiro piloto de karts galego en participar nun campionato mundial. Foi o pasado mes de novembro en Brasil, onde Costoya acadou o undécimo posto competindo con pilotos mais experimentados e de maior idade ca el.

Ademais de coincidir na pista, os dous pilotos necesitan o apoio de patrocinadores, públicos e privados, para poder competir, xa que a participación nalgunhas probas pode acadar un coste de 5.000 euros nunha soa fin de semana. Os deportes de motor son especialmente caros, de aí que, segundo o apoio económico que reciban, poidan competir en máis ou menos probas, repercutindo directamente nas súas traxectorias deportivas.

Se queren coñecer mellor a estas dúas promesas galegas do motor, escoiten a entrevista completa. Entre outras cousas, explicarannos coas súas palabras conceptos do argot como son “apurar a frenada”, “grip” ou “pianos”...

César Gil

César Gil

Marco Díaz rematou a temporada 2018 como ganador galego da categoría Minimotard 65. Gañou tamén o campionato VF Challenge e o Trofeo Ibérico entre España-Portugal. Este ano sube de categoría debutando en Minimotard 85. Repetirá os mesmos campionatos que o ano pasado nesta nova cilindrada e ademais dará o salto ó campionato de España.

Aos seus 13 anos, o caldense non podía competir en cilindradas superiores, pero acadou un permiso especial da Federación Galega de Automobilismo, que lle permitirá competir tamén na categoría GP SPORT MAXI da VF Challenge cunha Yamaha R3. Os seus ídolos son Dani Pedrosa e o galego falecido en Laguna Seca Dani Rivas. Como obxectivo deportivo, Marco aspira a competir en Moto GP.

Considérase un piloto tranquilo, que calcula as súas trazadas e que prefire competir en seco.

Cadena Ser

Cadena Ser

Christian Costoya Sanabria fixo historia no kartódromo de Viana do Castelo ó gañar o Troféu Rotax e clasificarse para a final mundial de Brasil. O piloto silledense converteuse no mais xoven en disputar un Mundial, sendo ademais o primeiro e único galego en participar nesta competición que se disputou no Circuíto Paladino de Conde-Paraíba, Costoya competiu contra corredores tres anos maiores e aínda así acadou un undécimo posto no Mundial

Os seus ídolos son Hamilton e Vettel, sendo o seu soño subirse a un monoplaza de Fórmula 1 para participar nun campionato desta categoría.

Ao contrario que Marco, Costoya considérase un piloto con nervio, que prefire o asfalto mollado para competir porque argumenta que “é máis divertido”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00