Sociedad
XADREZ

Adrián Gómez Diéguez proclámase subcampeón de España

O xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense, empatou no 1º posto, no nacional para Universitarios de Alicante.

Adrián Gómez, en plena competición nacional para Universitarios en Alicante. / Xadrez Ourense

Ourense

O pasado xoves 11 de abril remataba o Campionato de España de xadrez para deportistas en idade universitaria, disputado en Alicante os días 9, e 11 de abril.

Unha competición de moi alto nivel, na que ata 69 dos 72 participantes tiñan ránking internacional de ata 17 xadrecistas ostentaban titulacións internacionais de Maestría.

Adrián Gómez Diéguez, que partía co número 13 do ránking inicial, realizou unha soberbia actuación, que culminou na matinal do xoves superando con pezas brancas e nunha espectacular partida ao Mestre valenciano Francisco Sánchez, o que lle valía ao ourensán o empate no 1º posto, compartido con Suárez Uriel, que únicamente por escaso marxe de coeficiente, rematou por diante de Adrián Gómez, compartiendo iso sí, ambos o primeiro posto, con 7.5 puntos dos 9 posibles.

Pola súa parte o temén ourensán David Gómez Diéguez, (irmán de Adrián), tamén realizou unha positiva actuación, rematando no 7º posto entre os 72 participantes, con 6.5 puntos conseguidos.

Os irmáns Gómez Diéguez, militan ambos no equipo do Club Xadrez Ourense A, que no vindeiro mes de agosto, xunto con Iván Salgado, entre outros, tomarán parte na Liga Española de 1ª División, en Linares(Jaén).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00