Sociedad | Actualidad
O blog de Henrique Rabuñal

Antonio Fraguas

A Coruña

O Día das Letras Galegas 2019 recoñece o labor e a figura de Antonio Fraguas. Coñecémolo aló polo 1981 cando o trouxemos a Pastoriza (Arteixo) a impartir unha conferencia. Lembro que miña nai, conmovida polos moitos saberes de don Antonio, afirmara: "canto sabe este home".

A biografía intelectual de Fraguas, como a de tantos compañeiros de xeración, está perfectamente estruturada en tres etapas. A etapa de formación que conclúe co levantamento militar do 36 e a guerra. O período franquista. E a andaina posterior a 1975. Nacido en Cotobade en 1905, estudou o bacharelato en Pontevedra e Filosofía e Letras na USC en Compostela onde se une ás Irmandades da Fala, ao Seminario de Estudos Galegos e ao Partido Galeguista.

Logo de exercer a docencia na Estrada, é separado do ensino público traballando de profesor nunha academia compostelá. Nos anos da ditadura intégrase no Padre Sarmiento e no Padroado Rosalía de Castro volvendo ao ensino público en 1950 sendo destinado a Lugo. Desde 1959 e até a súa xubilación en 1975 foi profesor no IES Rosalía de Castro en Compostela.

Xa xubilado desenvolveu unha prolífica actividade en boa parte ligada ao Museo do Pobo Galego do que foi director. Don Antonio morreu en 1999.

Desde os anos 20 e até os últimos da súa vida, Antonio Fraguas publicou centos de textos que son mostra do seu interese pola cultura popular, a etnografía, a historia ou a xeografía. Historiador de Lugo e de Compostela, biógrafo de Murguía e Celso Emilio, foi tamén un excelente divulgador das grandes figuras dos seus mestres da xeración Nós e dos seus compañeiros do grupo do Seminario.

Galiza é terra farta en homes e mulleres de cultura. Xentes que veñen do máis verdadeiro do noso ser, do máis humilde e que se entregan durante unha vida a servir e a entender o seu país, o noso país.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00