Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 19 de Octubre de 2019

Otras localidades

O Anxo Carro, unha tarefa pendente

Os albivermellos seguen sen reencontrarse coa vitoria en casa e sucumbren ante o Granada CF (1-2)

Manu Barreio no encontro ante o Granada CF /

O bo faise esperar, pero está tardando demasiado no campo albivermello. As vitorias no Anxo Carro non chegan, e os ánimos comezan a estar caldeados: "Estamos jodidos por esta derrota en casa. Que no quepa duda de que los jugadores nos estamos dejando los huevos, pero necesitamos que todo el mundo reme en la misma dirección. El que no pueda que se aparte". Así de contundentes eran as verbas do dianteiro, Cristian Herrera, tras o 1-2 que reflectía o eletrónico no final da 35ª xornada da Liga 1,2,3.

O Granada CF rompe a mala xeira a domicilio e vence tras catro xornadas sen facelo. Pola súa banda, ós pupilos de Alberto Monteagudo, pese a amosalos dentes sobre o verde, faltoulles atino e non foron quen de dar continuidade ó bo resultado colleitado en Córdoba. 

Os albivermellos saltaban ó terreno de xogo con ganas de comerse o mundo. Avisaban das súas intencións xa dende os primeiros minutos de partido. Sucedíanse as oportunidades para o Lugo cun dispaso dende a media luna de Aburjania e de Miguel Vieira, que se marchaba por arriba da portería de defende Rui Silva. Durante os primeiros vinte minutos de partido, foi o equipo amurallado quen se facía co control do xogo, mais a lesión de Tete Morente complicou os plans do de Valdeganga. 

Nunha xogada a balón parado, os nazaríes inauguraban o marcador. Foi Vadillo quen disparaba unha falta directa e mandaba dende os tres cuartos do campo ó coiro ó fondo da portería. Marchaba, así, ó descanso o Granada CF por diante no marcador.

A reanudación do encontro foi un intercambio de golpe e contragolpe. O equipo amurallado apretaba, poñía o Granada contra as cordas, e buscaba a remontada. Pero no minuto 20 da segunda parte chegou a contra que buscaban os de Diego Martínez.  Iniciaba a xogada Vadillo e cando Rodri escapaba co esférico dentro da área, Josete Malagón derrumbaba o xogador e o colexiado pitaba penalti. Foi Andrián Ramos o responsable de anotalo 0-2 no marcador mandando a pelota rasa ó lado esquerdo da portería de Juan Carlos.

Lonxe de virse abaixo, o CD Lugo daba a cara e tan só tres minutos máis tarde de encaixalo segundo tanto, anotaba Cristian Herrera o primeiro para o cadro local. Enloquecíase o Anxo Carro. Aplaudía e empuxaba a afección e  o equipo respostaba peexando até que chegou o final do partido.

Tivo oportuidade de facelo empate Lazo e tamén o propio Herrera, pero o Granada soubo defendelo resultado. Un resultado que volve amosar a fraxilidade do equipo amurallado na casa.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?