Sociedad
CD Lugo

No CD Lugo xa non valen as "medias tintas"

O adestrador albivermello, Eloy Jiménez, recoñece a vital importacia de gañar ó Almería, pero subliña que o equipo "está preparado" e "con ganas"

Eloy Jiménez en rolda de prensa / CD LUGO

Marcado en vermello. Así está o vindeiro partido ante o Almería porque o vestiario albivermello entende este encontro coma de vital importancia. De gañar, os de ELoy Jiménez seguirían latexando na División de Prata e incluso podería saír de postos de descenso. Porén, se colleita unha nova derrota o certo é que poñen un pé na Segunda B. 

O míster amósase tranquilo e confía plenamente no vestiario. " Son grandes jugadores y son un buen grupo humano. Quieren hacer las cosas bien, todos nos jugamos mucho: El entrenador, el jugador que renueva, el que se va... todos tenemos mucho que perder. Ahora mismo no valen las medias tintas y no dar el 200% en cada partido", reflexiona.

Este será o primeiro partido do técnico manchego ó mando da nave albivermella. Afroóntao con ilusión e convencido de que "la afición bajará a animar al equipo porque es momento de sumar todos. De remar en la misma dirección. Todos. El equipo, la aficción, la prensa... todos".

Sobre a aliñación, non da moitas pistas, pero asegura que os cambios deberán ser progresvios. Todo apunta a que seguirá avogando por unha tendencia continuísta. A súa disposición xa Miguel Vieira que regresa de cumplir sanción.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00