Homenaxe do entroido coruñés a 'Cantero'
Foi un dos grandes impulsores do entroido na Coruña

Entrevista a Romualdo Irixoa (10/05/2019)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
As comparsas da Coruña e o Concello renden hoxe homenaxe a Fernando Amaro "Canteiro", o que fose coordinador das festas da cidade desde o IMCE e un dos máximos defensores do entroido e da cultura desde " MonteAlto a cen".
O falecemento de Canteiro, o 22 de abril, causou un fondo pesar entre as moitas persoas que o trataron e que destacaron a súa implicación no ámbito cultural e promoción do entroido coruñés.
A homenaxe será a partir das sete da tarde no local de Vos Maracos. No acto será presentado o libro Choqueiros e Mascaritas. Crónica viva do Antroido coruñés 1883-1936, de Xosé Alfeirán. Asistirá o alcalde, Xulio Ferreiro.




