Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 15 de Octubre de 2019

Otras localidades

Outra oportunidade que se escapa

Nico Richotti arrebátalle a vitoria ós celestes a nove segundos do final, colocando o 84-85 no marcador

O CB Breogan ante o partido do Iberostar Tenerife /

Dolorosa derrota do CB Breogán ante o Iberostar Tenerife no Pazo Universitario dos Deportes. Nunha cita vital para o conxunto celeste, por segunda vez consecutiva, se lles escapa a victoria por un punto (84-85). Os de Tito Díaz chegaban a este encontro tras colleitar unhas moi boas sensación en dúas das canchas máis complicadas da categoría: Madrid e Valencia. A intención era mantelas e traducilas nunha nova victoria que sumar ó seu casilleiro. Pero non puido ser.

"El colmo de los colmos", así calificaba o final do partido o coah, Tito Díaz. Tras un último cuarto do máis intenso e igualado, McCallum, a nove segundos do final do encontro, coloca por diante ó conxunto celeste (84-82), pero tras un tempo morto solicitado por Vidorreta, Nico Richotti encesta o triple que lles da a victoria: "Tenemos la mala suerte de que Logberg se resvala, cae al suelo el tiro está libre y encesta. Nosotros en el partido de Valencia tuvimos dos tiros liberados y no entraron. Bueno... toca levantarse", lamentaba Tito Díaz en rolda de prensa. 

Os locais entraron no partido pouco intensos, todo o contrario que o Iberostar Tenerife. Os canarios non tardaron en abrir distancia no elecrónico que, no minuto seis de partido Díaz solitica un tempo morto indo oito abaixo (12-20). 

Antes de chegaren ó descanso, Gerun lanzoulle ós celestes o seu salvavidas que, coa axuda de McCallum e Redivo, conseguiron poñerse a once puntos. Con todo, os locais comezaron a debuxar unha remontada antes do descanso. Subiron marchas sobre a cancha, pero unha mala selección nos tiros penalizou demasido os lucenses.

O terceiro tempo comezaba coas mesmas intencions coas que remataba o segundo. Brown encargábase de anotar os cinco primeiros puntos, combinado cunha boa defensa e certo desatino dos canarios, a brecha redúxse ata cinco puntos (50-55). Pero os de Vidorreta marcaban o ritmo do partido e sometían de novo os de Tito Díaz afastándose por doce puntos arriba (50-62). Ainda asi, os canarios deixaron visibles as suas feblezas no tiro exterior, o que lle permitiu os celestes poñerse a 61-66.

No último cuarto Sulemanovic prendía a chama e deixaba claro que os locais non iban baixalos brazos facilmente. E así o confirmaron os números. Pois nestes derradeiros dez minutos de partido,  sucedíanse al táboas no marcador. Quedaba partido para rato, e nada estaba decidico. A falta de un segundo para o final do encontro, estando un abaixo, Redivo lanza un triple que non entre e que deixa, de novo, ós celestes ca mel nos beizos.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?