Sociedad | Actualidad
O blog de Henrique Rabuñal

30 anos de bibliotecas en Arteixo

A Coruña

Arredor dos libros agroma unha nova forma de cidadanía. A súa calor e a súa presenza son hoxe máis ca nunca antídotos contra a barbarie, vacinas contra o odio, dispositivos contra a ignorancia.

Hai agora trinta anos que se puxo en funcionamento a rede de bibliotecas municipais de Arteixo baixo a batuta sutil e incesante de José Luis Alonso Torreiro e un equipo de persoas que introduciron nas nosas vidas o libro como un artefacto vivo e lúdico que sabe convivir moi ben coas novas tecnoloxías, co cinema, coa prensa, coa educación e con todas as expresións

O cineasta de orixe galega, Emilio Estévez, na súa película The Public fala dunha biblioteca pública que acolle durante un tempo de frío polar a un grupo de mendigos de Cincinnati. O Emilio recoñece que hoxe as bibliotecas son lugares onde recibir cursos, organizar clubes e termos acceso a libros, vídeos, películas e conexión a internet, que é a luz eléctrica do século XXI.

As nosas bibliotecas de Arteixo, do Froxel, de Oseiro, de Pastoriza e de Meicende son un investimento en esperanza. Son fogares que acollen cada ano a 50.000 persoas que tecen entre si novas relacións a conto do libro.

Pasei moitas horas da miña vida nas bibliotecas. Nunca un libro nos resulta indiferente. Cada volume é unha luz que nos protexe e unha porta que se abre. Hoxe aproveitamos para felicitar aos gañadores do premio de narrativa que se entrega en data tan sinalada. Para darlle as grazas a todos os traballadores das bibliotecas de Arteixo. Para ter unha lembranza para Dora Vázquez, Francisco Vidal, Miguel Sande e Antón Castro. Para enviarvos un abrazo a todos os socios e usuarios, a todas as socias e usuarias.

Como quere o Emilio Estévez, as bibliotecas públicas protéxennos. Sacan de nós o mellor. Agrandan a nosa ollada e a nosa capacidade de comprensión do mundo. Fannos mellores. Longa vida ás bibliotecas de Arteixo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00