Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Denuncian a situación que viven os usuarios das residencias de maiores en Galicia

Vellez Digna é o nome dun colectivo que se acaba de presentar, co obxectivo de denunciar e dar a coñecer a situación que viven os usuarios das residencias de maiores en Galicia

Cadena SER

Pontevedra

Cueiros sucios durante horas, problemas para dar as medicacións a tempo, malas evolucións por falta de coidados…son queixaas que non se atenden nos despachos de dirección. Aseguran que todo está relacionado coa falla de persoal.

Vellez Digna é un colectivo que xorde en Aldán, Cangas, por unha residencia da terceira idade vinculada á de Ribadumia da que xa houbo queixas que chegaron ao programa La Opinión, tanto por parte de familiares coma de traballadores.

Vellez Digna ponse en marcha en Cangas, con coarenta familias e a intención de extenderse por toda Galicia. Pagan unha media de dous mil euros cada mes, cando non suben os servicios, que logo non poden atender.

As familias de Aldán denunciaron ante a Valedora do Pobo, están en contacto con políticos para promover algunha iniciativa parlamentaria, recollerán sinaturas por Internet. Todo para dar a coñecer un problema que non trascende. Non descartan o Xulgado, ó considerar que se chega a unha situación de maltrato por aforrar en persoal.

Piden que se defenda ós traballadores que, en casos coma Ribadumia, tiveron que abandonar por estrés. Non se cubren esas baixas e o servizo empiora.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir