Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 16 de Octubre de 2019

Otras localidades

Á beira da salvación, pero nadando "más fuerte que nunca"

O míster, Eloy Jiménez, ve ó equipo "muy bien" e concienciado de que os deberes hai que facelos "sin mirar el teléfono móvil, pendientes del Tartiere"

Eloy Jiménez en rolda de prensa /

No sprint final, chegando á beira, acariciando cas puntas dos dedos o obxectivo... Hai centos de formas de facer referencia á forma na que chega o CD Lugo ó encontro ante ó CD Tenerife. Un partido no que, por fin, pode chegar o que tanto se anhelaba xornadas atrás: a permanencia.

Válelle con vencer para ter, practicamente asegurada a meta de permanecer na División de Prata. En caso de vencer en casa, se o Rayo Majadahonda tamén o fai no Tartiere, a permanencia estaría inclinada cara ós albivermellos. Pois pese a estaren empatados a puntos, e tamén no gol average, nos goles xerais, o CD Lugo ten 7 de vantaxe fornte ó conxunto madrileño.

Un encontro con tensión e por iso o míster, Eloy Jiménez, non quere engadir máis " En cuanto se llegue al estadio se apagan los teléfonos móviles. Nosotros tenemos que hacer lo nuestro y ganar. Si al acabar vemos que el resto de resultados acompañan, mejor, pero no quiero que nada descentre a los jugadores", explica o técnico manchego.

Ten claro que sobre o verde haberá que desputar un partido igualado, "de poder a poder". Por iso a mellor chave para que o a balanza se incline cara o seu equipo é "mantener el equilibrio entre el plano defensivo y ofensivo que hemos encontrado", reflexiona. A disposición do míster todos os xogadores agás Josete Malagón que continuou esta semana con molestias no xemelgo. 

Coas entradas esgotadas agárdase que o domingop 2 de xuño o Anxo Carro sexa unah caldeira. "Estoy muy contento con la aficción de Lugo porque cuando más se le necesitó ha respondido". A entidade amurallada quere facer un mosaico albivermello á beira do Miño e por iso cada asistente terá no seu asento cartulinas vermellas e brancas. 

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?