Sociedad
CD Lugo

Sachar ata quedar

O CD Lugo confirma a súa permanencia na División de Prata tralo empate ante o Tenerife e a derrota do Rayo Majadahonda

O vestiario albivermello festexa a permanencia / CD LUGO

Lugo

Sachando que é xerundio. O CD Lugo acada o que tanto esforzo lle custou esta tempada: A permanencia. Parecía lonxana hai sete xornadas, pero xa é unha realidade. Non foi por méritos propios, pois os albivermellos dependían de si mesmos para poder manterse na Liga 1,2,3 e non foron quen de vencer na casa ó CD Tenerife, quen tamén dependía de si. As grazas deste logro na xornada 41 débenllas ámbos equipos ó Real Oviedo e a increible remontada ó Rayo Majadahonda.

Saltaban ó campo ambos conxuntos sabendo o que estaba en xogo: a permanencia. Comezaba o CD Lugo apretando ós de Luis César e sucedíanse as oportunidades para os amurallados. Amenazaba Lazo con balóns ó palo longo que marchaban pegados á madeira, Herrera intentábao, Campabadal mandaba o balón raso dende os tres cuartos en varias ocasións... Pero o esférico non quería entrar. 

Tras coñecerse que o Rayo Majadahonda marcaba no Tartiere o silencio facíase protagonista da grada albivermella. O partido non estaba solo á beira do Miño, tamén en Asturias. O Tenerife reaccionaba e comezaba a amenazar,  a máis clara para os visitantes estivo en botas de Malbasic que facía voar a Juan Carlos cara á escuadra dereita para evitar que o marcador quedase inaugurado.

Táboas no marcado ó descanso en Lugo  e en Oviedo. No Anxo Carro valía o resultado, ainda que non era o mellor. Nunha segunda parte chea de imprecisións, partes de ida e volta... chegan os dous tantos que adiantaban o conxunto madrileño en terras asturianas. As presas lle entraban ós dous equipos que se medían sobre o verde amurallado. E as presas, como ben é sabido, non son boas compañeiras. Erros nos disparos a porta, balóns perdidos no medios do campo...

Pero quince minutos bastaron para que o Anxo Carro comezara a creer de novo. Quince minutos nos que o Oviedo  lle regalou a Lugo o mellor que hoxe ninguén lle podia dar: a permenecia. Unha fantástica remontada deixaba que o 0-0 que quedaba no electrónico lucense significase permanecer un ano maís na División de Prata.

Por oitavo ano consecutivo, o CD Lugo é de Segunda.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00