Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Fiestas locales

Ledicia Sola será a encargada de dar o pregón

O acceso á Praza Maior, tanto para o Pregón como para o concerto de Viva Suecia, será gratuíto pero de aforo restrinxido por seguridade

Ledicia Sola será a encargada de dar o pregón / Radio Ourense- Cadena Ser

Ledicia Sola será a encargada de dar o pregón

Ourense

A actriz Ledicia Sola (Ourense, 1978) será a encargada de abrir, coa lectura do pregón, as Festas 2019. Será ás 22:00 horas desde o escenario instalado na Praza Maior, e xusto antes do concerto de Viva Suecia.

Ledicia é un dos rostros máis populares da pantalla: participou en máis dunha vintena de series da televisión estatal e autonómica -entre elas Vivir sin permiso, Amar es para siempre ou Gran Reserva ou El Comisario, entre outras.-, participou en numerosas producións cinematográficas -caso de Os Fenómenos de Alfonso Zarauza, pola que recibiu o Mestre Mateo á mellor actriz secundaria, A Esmorga, A través del espejo ou El patio de mi cárcel- e pode presumir de ser parte dunha longa lista de producións teatrais en escenarios de España, Italia e Grecia e conduciu innumerables actos e galas ao redor do país.

O acceso á Praza Maior, como vén sendo habitual nos últimos anos, será restrinxido por motivos de seguridade, tanto para o pregón coma para o concerto dos murcianos Viva Suecia, desde as 22:30 horas. A banda de indie pop acumula tres álbums de estudo -o EP Viva Suecia (Clifford Records 2014), La fuerza mayor (Subterfuge 2016) e Otros principios fundamentales (Subterfuge 2017)- e caracterízase por un directo intenso e moi divertido.

Ás 0:30 horas do sábado, haberá baile coa orquestra Grupo Assia, na rúa do Progreso fronte á Alameda.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir