Deportes
CICLISMO

Lete Lasa recibe en Maceda a Iván Feijóo e Carlos Canal

Iván e Carlos dous virtuosos da bicicleta de montaña e do ciclocross, foron recibidos en Maceda polo secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia

A recepción tivo lugar no pump track indoor construído na antiga nave de hípica Os Secos grazas a unha achega da Xunta de Galicia de 60.453,49 euros / Club Ciclista de Maceda

A recepción tivo lugar no pump track indoor construído na antiga nave de hípica Os Secos grazas a unha achega da Xunta de Galicia de 60.453,49 euros

Ourense

O secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu no serán de onte a unha representación do Club Ciclista de Maceda encabezada polo director técnico da Escola José Antonio Hemida, Xulio Conde, e polos deportistas do Academia Postal Maceda, Iván Feijóo e Carlos Canal, aos que o mandatario galego definiu como ¨dous virtuosos da bicicleta de montaña e do ciclocross que están poñendo a Galicia no mapamundi deste deporte¨. Así tamén refiriuse a outro dos ciclistas máis destacados do club como é o caso de Pablo Rodríguez.

O responsable do deporte galego destacou o palmarés deste dous deportistas que ¨conseguiron uns resultados nunca antes acadados na nosa comunidade nin no noso país e que de seguro seguirán aumentando grazas a mocidade dos dous ciclistas.

De Iván Feijóo destacou os seus campionatos de España en cicloross e BTT, así como o seu décimo sétimo posto nos Campionatos do Mundo Sub 23 de Dinamarca, o seu oitavo posto no Campionato do Mundo Júnior CX Zolder e o noveno posto na Copa do Mundo Júnior CX Namur, ambos os dous en Bélxica e todos eles en ciclocross.

Pola súa banda, Carlos Cnal, tamén se proclamou campión de España en varias ocasións, tanto en ciclocross como en BTT. Lete Lasan fixo fincapé no seu sétimo posto acadado nos Campionatos do Mundo Júnior en Dinamarca, o segundo posto na Copa do Mundo Ciclocross Júnior de Holanda e o terceiro posto na Copa do Mundo Ciclocross Júnior Pont Chateau (Francia), éxitos conseguidos no ciclocross e sendo a primeira vez que un ciclista español conseguía subirse a un podio mundial.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00