O presidente da RFGF da a benvida ao novo equipo directivo do comité de adestradores
Iván Cancela lidera o novo equipo directivo do comité galego de adestradores
Ourense
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, deu a benvida aos novos compoñentes do equipo directivo do Comité Galego de Adestradores que lidera Iván Cancela, o novo presidente, Louzán agradeceu a implicación e compromiso dos técnicos e destacou a ilusión e vontade de traballo coa que Iván Cancela está afrontando este novo desafío profesional.
Destacou tamén a relevancia que desde a Federación se outorga aos adestradores, reflexada na multitude de cursos formativos que se realizan cada ano por toda Galicia e tamén en medidas disciplinarias que se aplican a aqueles clubs que non cumpren coas normativas de titulacions nin cos compromisos económicos adquiridos cos técnicos.
De feito, a Asamblea aprobou unha nova norma que conleva sanción económica e tamén resta de 1 punto na clasificación por cada semana sen pagar ao adestradores, a partir da sétima semana.
Organigrama do Comité queda da seguinte maneira:
Iván Cancela- Presidente.
Pablo Prieto-Vicepresidente.
Manolo Corredoira-Secretario.
Manolo Castro ¨Vilacha¨- Tesoureiro.
Chus Baleato- Vogal Fútbol Santiago.
Yago Iglesias-Vogal Fútbol O Barbanza.
Moncho Rodríguez- Vogal Vigo.
Roberto Abad-Vogal Fútbol Ourense.
Ángel Oliveira-Vogal Fútbol Pontevedra.
José Luis Mosquera-Vogal Fútbol Baixo Miño.
Lucía Otero-Vogal Fútbol Coruña.
Manolo García- Vogal Fútbol Ferrol.
Dani Moirón-Vogal Fútbol Lugo.
Santi Valladares(fillo)-Vogal Fútbol Sala Santiago-O Barbanza.
Julio Mougán- Vogal Fútbol Sala Pontevedra-Vigo.
Álvaro Cid Bragado- Vogal Fútbol Sala Ourense.
Iván Pico-Vogal Fútbol Sala Lugo.
Pili Costa-Vogal Fútbol Sala Ferrol.
Alex Parada-Administración.
Dani Regos-Administración.
Jorge Aboal-Administración.
Abraham Yañez- Administración Fútbol Sala.