Actualidad

Amigos de Pontevedra camiña cara as súas bodas de ouro

Cadena SER

Pontevedra

A asociación “Amigos de Pontevedra” premia, dende hai 48 anos, a diveras persoas e colecivos que contribuen a que o nome da cidade se coñeza en todo o mundo. Nesta edición os premiados son o triatleta Pablo Dapena, a porteira de futbol sala Silvia Aguete, a perruqueira Victoria Arosa Ramírez, Monserrat Iglesias, divulgadora da nosa cultura que foi directora do Instituto Cervantes ou do Instituto Nacional de Artes Escénicas, O recoñecido Doutor Miguel Dominguez, e Jesús Rodríguez, o observador, cronista deportivo xa xubilado moi vencellado ao Pontevedra e o Teucro. Por último, como colectivo, a editorial Kalandraka. O presidente da Asociación e xornalista, Xabier Fortes, recoñece que o esforzo de manter viva esta asociación durante case cincuenta anos merece a pena.

Esta edición dos Premios ven cargada de recordos e lembranzas especiais, xa que o presidente de honra e alma máter desta asociación, José Luis Fernández Sieira finou o pasado ano, xunto co dianteiro do Pontevedra que marcou o gol do ascenso  a Primeira División, Rafael Ceresuela. Para eles tamén haberá unha homenaxe na confraternal comida do vindeiro 10 de agosto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00