Deportes
BALONMÁN

O CDC Ribeiro de Balonmán comeza a rolda de partidos de preparación

Este sábado 10 de agosto, o equipo da Primera Nacional, comezará a rolda de partidos de preparación para a vindeira tempada

Atl Novás, duro rival de esta tarde, para o equipo ribadaviense no comezo de partidos de preparación / C.D.C. Ribeiro

Ourense

O CDC Ribeiro de Balonmán, equipo de Primeira Nacional, comeza hoxe sábado día 10 de agosto desde as 20:00 horas, a rolda de partidos de preparación para a vindeira tempada, recibindo o Atl. Novás de O Rosal de división de prata, unha por encima do equipo de Ribadavia.O equipo rosalerio e un equipo que ven de acadar a permanencia na División de Prata a pasada campaña e este ano reforzouse para seguir pelexando nas máximas categorías estatais. E por iso que será un duro rival para os ribadavienses.

O encontro servirá para que afección local poda ver debutar as novas incorporacións, que xa están as ordes do adestrador Felix Mojón. Thiago incorporouse onte tras a disputa do Campionato Nacional de Balonmán de Praia,Xurxo, Borja, Yago Rivas e Iago Fernández xa o están facendo dende a semana pasada.

O vindeiro rival será Bueu na Copa Xunta o día 15 de agosto, e nas seguintes semanas de agosto o equipo enfrontarase a rivais de entidade como son o Lavadores, Campión da categoría pasada e o todopoderoso Teucro de Pontevedra, completando o Lalín xa en setembro, os rivais dos amarelos nesta tempada.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00