O alcalde de Mazaricos denuncia a chantaxe das empresas de eólicos
O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, denunciu extorsón e chantaxe por parte das empresas de eólicos que queren instalarse alí a distintos concellos e propietarios. Incluso afirmou que a Xunta coñece estas malas actuacións.
Destacou as incribles cantidades de carto que reciben estas empresas e o baixo porcentaxe que levan os concellos e os máis danados polos xigantes muiños. Reclamou que pese a que os propietarios das terras onde se instalan si soen ser recompensados, non sos os únicos perxudicados.
Ademais, tamén pide unha maior protección por parte do goberno autonómico e nacional, xa que entende que os concellos rurais son os que máis sofren ante estas "invasións".