Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 21 de Agosto de 2019

Otras localidades

RAZO XA COÑECE OS DETALLES DA RENOVACIÓN DAS SÚAS FACHADAS

Os veciños de Carballo poden observar xa o estudo de detalle da Fachada costeira de Razo, que dende o pasado luns 12 de agosto se encontra en exposición.Un proxecto paralelo ao PXOM, e obligado polas leis de Costas, que lle cambiará a cara ao entorno do maior areal do municipio.

Normas como que o mobiliario das terrazas non poderá ser de plástico con publicidade, que os tonos de pintura das casas sexan coherentes ca paisaxe ou que os muros altos non poidan ser de cemento mais que no seu 50%. 

Non obstante, vai pasar tempo ata que chegue esa demandada renovación xa que, como nos indicou a concelleira de contratación e planificación, son uns plazos similares as do PXOM e haberá que esperar ás alegacións e á resolución destas.

Ademais, na xunta local de onte aprobouse tamén a reforma da rúa Concepción Arenal, que será similar a que se fixo noutras importantes vías do municipio e que conlevará tamén a unha mellora nos conductos de saneamento.

n

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?