Últimas noticias Hemeroteca

Jueves, 19 de Septiembre de 2019

Otras localidades

A PONTE DEIXA VARIOS ACCIDENTES E UN TEMERARIO CONDUCTOR

Pese aos continuos avisos que estamos a recibir en forma de accidentes na bisbarra durante este verán, e sobre todo durante este mes de agosto no que xa van cinco persoas falecidas, as estradas da zona seguen a ser o principal punto de peligrosidade. Durante esta ponte houbo varios accidentes, comezando polo de unha muller que saiu da vía na recta de Rus en Carballo e resultou ferida sen gravidade.

Tamén saiu da vía un xoven de 19 anos de Cabana cando volvía de Laxe o venres pola noite. Os servizos de emerxencia foron notificados sobre as 8 da mañá dun vehículo que perdera o control a altura da gasolinera e que saíra da vía pola marxe oposta, é dicir dirección Laxe. Antes de quedar na cuneta impactou ademais cun poste e unha sinal, polo que tamén resultou ferido, aínda que non coñecemos a gravidade.

A Protección Civil de Laxe tamén tivo que acudir ao último dos accidentes rexistrados polo momento. Foi na madrugada de hoxe, sobre as 5:50 da mañá. Un home saíu da vía coa súa moto nunha estrada de Cabana e foi trasladado para o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, onde se lle evaluarán os danos e se decidirá se o trasladan a A Coruña.

Pero se difícil é entender que non vaiamos cun punto maior de atención cando estamos conducindo despois de todo o que se está a vivir nas estradas, máis preocupante é o caso dun rapaz de 22 anos en Carballo tamén esta fin de semana. A Policía Local detectouno as 6:30 facendo peligrosas maniobras nunha rotonda, e cando el percatouse da presenza dos axentes quixo fugarse. Chegou a sobrepasar os 100 km/h nunha zona de 30, no centro do municipio e acabou sendo detido a altura do hotel Punta del Este. Sobrepasou o límite por bastante e chegou aos 0,70 ml de alcohol no test que se lle practicou, polo que xa é delito. Agora dende a Policía lle atribuen delitos de conducción temeraria con risco para os usuarios da vía pública e positivo en alcohol. O xuízo será mañán martes.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?