Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta ultima as obras nos centros educativos para o inicio do curso escolar

Cadena SER

Pontevedra

En menos dun mes arranca un novo curso escolar en Galicia, e son moitos os centros educativos que aproveitan as vacacións de verán para acometer diversas obras de mellora. As que está levando a cabo a Xunta de Galicia van a bo ritmo e, a pesar dalgún retraso puntual, dende a Consellería de Educación barallan que estean rematadas para o inicio do curso, o día 11 de setembro, prolongándose ata finais de mes no peor dos casos.

Nueva APP de Cadena SER

Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video

Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Hora 14 Pontevedra y Arosa (19/08/2019)

00:00:0000:06
Descargar

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, agarda un inicio do curso escolar sen contratempos, tendo en conta que son moitas as partes implicadas no seu bo funcionamento. Como novidade, destaca o reforzo dos departamentos de Orientación, facendo especial fincapé na inclusión de todos os nenos e nenas. Tamén se retomará, un ano máis, o programa de formación do profesorado, co que se pretende que os docentes se adapten aos cambios da sociedade.

O CEIP de Tenorio é un dos centros galegos que está acometendo obras integrais para mellorar a eficiencia enerxética. En concreto, a Xunta inviste neste centro máis de 600.000 euros no cambio das fiestras, nun novo falso teito e colocando tarima no solo para favorecer o illamento térmico das instalacións. Ademáis, a mellora inclúe o cambio da calefacción, pasando de gasóleo a biomasa. Estas obras estarán rematadas antes do inicio do curso, como adiantou a Conselleira. 

Iván Montáns

Iván Montáns

(Moraña, 1985) Locutor y redactor en programas como el Hoy por Hoy Pontevedra, La Opinión, La Ventana...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir