Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 15 de Octubre de 2019

Otras localidades

A LARACHA QUERE CONTRATAR A VÍTIMAS DE VIOLENCIA MACHISTA

O concello da Laracha amosou a súa firme loita contra a violencia de xénero e a igualdade entre homes e mulleres ao solicitar onte a súa participación no programa da Xunta para contratar a mulleres vítimas de maltrato. Acolleríase así a unha convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral que permitiría a contratación de cinco mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero.

Sería para un periodo de doce meses en vacantes municipais con horario de xornada completa. Unha acción que como destacou a Concelleira de Emprego, Rocío López, é moi importante para o concello. "Vai a ser algo mutuo, porque ca contratación desas persoas cubrimos postos do traballo do municipio como mantemento de edificios e rúas. E ao mesmo tempo axudamos a persoas que non pasan ou pasaron por un bo momento".

É unha medida que loita pola integración laboral e a independencia económica que moitas veces lle é difícil de conseguir as mulleres que sofren violencia de xénero.

Os prazos para que o plan se poña en marcha aínda se descoñecen, aínda que Rocío estima que se todo vai ben, procederase a contratación cara final de ano.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?