REINICIASE O PROCEDEMENTO PARA CONTRATAR A UN APARELLADOR
Tres anos despois de iniciar o último dos procedementos para contratar a un aparellador, o concello de Coristanco volve a comezar os trámites para levar a cabo unha convocatoria legal e conforme as bases que compón a Xunta de Galicia. Dende 2015, probouse co formato de entrevistas, co de concurso de méritos e incluso co da oposición, pero con todos eles houbo protestas por denuncias dalgúns participantes, que remataron con sentenzas xudiciais obligando ao concello a reiniciar unha e outra vez a convocatoria.
Agora, queren cumplir a orde do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e por iso lles comunicaron xa a composición do tribunal evaluador. Juan Carlos García Pose é o alcalde, e fala de extrema necesidade de que esta vez sexa a definitiva, pois nos anos anteriores ao seu mándato houbo erros ridículos.
Intentarán que o posto quede cuberto cara finais deste ano por ese procedemento, pero advirte de que, se os tempos de tramitación son tan lentos coma de costume, eles tendrán que buscar outras alternativas para cubrir unha necesidade básica para os seus veciños.