Últimas noticias Hemeroteca

Jueves, 17 de Octubre de 2019

Otras localidades

INCAUTADOS 122 KG DE POLBO QUE SE DESCARGABAN ILEGALMENTE EN FISTERRA

As actuacións ilegais en canto a pesca seguen supoñendo un problema moi común na Costa da Morte e a patrulla do Servicio de Protección da Natureza (PAPRONA) da Garda Civil de Corcubión vén de incautar 122 kilos de polbo no porto de Fisterra.

Os axentes estaban a realizar labores de vixilancia cando detectaron a descarga das capturas dende un pesqueiro a unha furgoneta. A Garda Civil inspeccionou o vehículo e verificou que transportaba catro caixas de plástico con polbo no seu interior. Solicitou entón, ao patrón do barco, a documentación pertinente, constatando que carecía do permiso de descarga no porto fisterrán. Polo que, rápidamente, entenderon que as capturas non foran descargadas na lonxa para que non contabilizasen no cupo semanal legalmente establecido.

A Garda Civil puxo entón as denuncias correspondentes por supostas infraccións da lei de pesca de Galicia e entregou posteriormente a mercancía ao centro benéfico Cáritas, en Cee.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?