Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Dumbría

Salmo asegura non ser ningún problema para a chegada da canle de augas bravas

Club de Piragüísmo Dumbría

Fai unhas semanas publicábamos unha reportaxe na que indagamos sobre a posible construción dunha canle profesional de augas bravas no río Xallas, xusto no seu paso pola fronteira entre os concellos de Mazaricos e Dumbría. Tanto o Club de Piragüismo como o Concello de Dumbría, asegurábannos que xa tiñan o proxecto estudado e presentado á Xunta, pero que o terreo pertencía ao coto de pesca do Club Salmo, polo que a última decisión sería deles.

César Ferrío, Técnico de Deportes do concello e un dos promotores do club piragüístico, destacaba que a negativa dos pescadores era continua, e que era a Xunta, a que debería intervir para que un proxecto tan importante para a bisbarra saíse adiante. José Ramón Lete, Secretario de Deportes, explicou que non era competencia da Xunta meterse no problema existente entre pescadores e piragüistas.

Pero nunha entrevista para Vivindo a Costa da Morte, Andrés Fernández Escarís, que foi durante moito tempo secretario e voceiro do Salmo, confesou que nunca tiveron a oportunidade de ver eses estudos que anuncian dende o concello. Ademais, admirou o traballo que está a facer Dumbría en canto á promoción do deporte e admitiu que a canle pode supoñer un desenvolvemento moi grande na nosa zona.

Polo tanto, Andrés quixo deixar claro que dende Salmo non teñen ningún problema en ceder eses 300 metros sempre que o proxecto cumpra con todas as normativas e que o espazo sexa compartido e non excluínte.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00