Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Cee

O Museo da Fundación Fernando Blanco sobrevivirá grazas á axuda da Deputación

Museo da Fundación Fernando Blanco

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, vén de reunirse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nun encontro no que aproveitou para facer as demandas máis necesarias para a localidade.

A máis urxente era a da supervivencia do Museo da Fundación Fernando Blanco, que viña contando con 36.000 € de orzamento cada ano. Pero aínda que a metade da cifra a segue poñendo o concello, a outra metade proviña de Ferroatlántica, que este ano cesou esa subvención.

Por iso, Lamela reclacoulle a importancia e a historia que persiste nese museo a Gonzalez Formoso, para que axudase a mantelo en funcionamento. O presidente provincial aceptou e comprometeuse a colaborar co sostemento este ano.

A alcaldesa agradeceu profundamente, en A Cancela, o apoio do ente provincial, aínda que avisou da súa temporabilidade e das solucións que lle propuxo Valentín González: "Son 22.000 € que supoñen unha gran axuda para este ano, pero a partir de entón haberá que buscar subvencións".

Ademais, a rexidora ceense tamén solicitou apoio para acometer algunhas obras no municipio. A máis importante, nos vestiarios do campo de fútbol San Paio dos Refoxos. Outra proposta que o dirixente territorial aceptou e para a que, supostamente, a Deputación vai a colaborar con preto de 700.000 €.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00